Para tirar con arco...
¿Quen pode practicar Tiro con Arco?
- As persoas maiores de idade.
- Os/As menores –con autorización da/o nai/pai/titor/a legal- e tutelados por un/ha monitor/a de tiro con arco.
Para a práctica do Tiro con Arco...
É necesario ter realizado un cursiño de iniciación, dirixido por un/ha monitor/a de tiro con arco recoñecido, e organizado por algún dos clubes da nosa comunidade, como Arc-Teixo, por exemplo.
Onde practicar o Tiro con Arco
- En instalacións permanentes autorizadas para a práctica deste deporte.
- En instalacións provisionais que reúnan os requisitos de seguridade e previamente autorizadas.
Requisitos formais
Para poder practicar este deporte é necesario posuir unha licenza federativa, que será emitida pola Federación Galega de Tiro con Arco, despois dun certificado de aptitude positivo emitido polo monitor recoñecido que estea impartindo o cursiño de iniciación.
A licenza federativa ten cobertura de seguro de accidente deportivo e responsabilidade civil, con validez en todo o territorio nacional, requisitos esixidos pola Lei de Deporte de Galicia.